O novo Mercado Circular fomenta o consumo local e sostible

O novo Mercado Circular fomenta o consumo local e sostible

08 June 2022/concello/Xeral

O Mercado Circular é unha nova iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para apoiar a economía local, xusta e sostible. Ponse en marcha en xuño coincidindo coas dúas feiras do 11 e do 25, que este mes caen en sábado.

A proposta está aberta a calquera persoa que queira vender algo da súa propia colleita: produtos da horta, conservas, mel, viño, artesanía... Tamén roupa ou obxectos de segunda man.

O espazo habilitarase de 11:00 a 14:00 horas na renovada Rúa da Peza, no centro da Pobra do Brollón. Haberá animación musical ao longo da mañá. Ao coincidir coa feira, tamén haberá postos de polbo e os postos de alimentación e roupa habituais da feira. 

A participación no Mercado Circular é gratuíta. O Concello dispón dun número limitado de postos. Unha vez repartidos, os participantes deberán dispor das súas propias mesas ou postos. As persoas interesadas deben contactar no teléfono 650 624 828.



RELACIONADO