Búscanse doantes de sangue para a investigación contra o cancro

Búscanse doantes de sangue para a investigación contra o cancro

28 April 2022/concello/Xeral

O proxecto Minerais contra o cancro investiga o uso de minerais nos tratamentos de quimio e radioterapia para mellorar a calidade de vida e o prognóstico dos pacientes. O Concello da Pobra do Brollón colabora coa Universidade de Santiago de Compostela para apoiar esta importante labor.

Para a primeira fase de estudo precisan mostras de sangue da poboación sa de Lugo para analizar o seu perfil mineral. A convocatoria está aberta a persoas entre 18 e 80 anos e que non estean a tratamento oncolóxico.

As persoas que queiran colaborar doando sangue poden facelo todos os días no HULA, ou os días 3 e 5 de maio no hospital de Monforte (de 8:00 a 10:30) e no Centro de saúde de Chantada (de 11:00 a 13:00). 

O formulario de colaboración pódese acceder neste enlace: https://bit.ly/38q9iCw 

Tamén se pode contactar por whatsapp no teléfono 690 971 248.



RELACIONADO