ACTUALIZACIÓN 7/10/2021
As datas e horas para a realización da entrevista e presentación de méritos son as seguintes:
Os candidatos/as deben estar media hora antes para a entrega da documentación (no caso de candidatos/as da Pobra do Brollón, deberán estar ás 8:30).
As entrevistas e entrega de méritos realízase nas oficinas municipais do Concello de Bóveda (Avenida Alfonso XIII, nº85).
Están publicadas na Sede Electrónica as bases para o Obradoiro de emprego de Bóveda-O Incio-A Pobra do Brollón de 2021-2022, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade.
O obradoiro formará un total de 20 alumnos/as traballadores/as. Tamén se convoca 1 posto de director/a, 3 postos de monitores/as e 1 posto de administrativo/a.
O concello promotor é Boveda, en convenio cos concellos de O Incio e A Pobra do Brollón. A duración do obradoiro será de 9 meses a xornada completa. As datas previstas son dende o 15 de outubro de 2021 ata o 14 de xullo de 2022.
As entrevistas para a selección de persoal serán o 11 de outubro para alumnos/as e o 13 de outubro para director/a, monitores/as e administrativo/a. O lugar e as horas das entrevistas están por determinar. A documentación presentarase o día da selección de persoal.
Os alumnos/as previamente terán que estar inscritos na Oficina de Emprego de Monforte de Lemos.
Para máis información e apoio na preparación da documentación para levar á entrevista, deben contactar antes do venres 8 de outubro nas oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón en horario de 8 a 14:30 horas, ou no tlf. 982 430 001.
Enlace ás bases na Sede Electrónica do Concello da Pobra do Brollón