A Pobra do Brollón baixa ao nivel de restrición media a partir do venres

A Pobra do Brollón baixa ao nivel de restrición media a partir do venres

15 April 2021/concello/Xeral

Trala xuntanza mantida onte de comité clínico, a Xunta anunciou que o concello da Pobra do Brollón baixa a partir deste venres 16 ao nivel medio de restricións. 

Mantemos a mobilidade coa maioría dos concellos de Galicia (excepto os que están en nivel de restrición máxima). Ademais poderá abrir a hostalería cunha ocupación do 30% no interior e 50% en terrazas. Podemos xuntarnos en grupos de ata 4 persoas non convivintes en interior, 6 persoas en exterior. Consulta na web do Sergas a lista completa de medidas do nivel medio. 

Segundo os últimos datos recibidos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, hai 5 casos activos por Covid-19 no municipio da Pobra do Brollón. 



RELACIONADO