Os participantes do Obradoiro de Emprego acondicionan rutas de sendeirismo na Pobra do Brollón

Os participantes do Obradoiro de Emprego acondicionan rutas de sendeirismo na Pobra do Brollón

01 April 2021/concello/Xeral

Dende que comezaron os traballos dentro do Obradoiro de Emprego a mediados de febreiro, os participantes iniciaron o acondicionamento da Ruta da Castaña e do Mel así como da Ruta do Ouro e do Ferro, ademais do camiño de acceso á antiga mina aurífera de Os Medos

Estes traballos prodúcense no marco do Obradoiro de Emprego que comparten os municipios da Pobra do Brollón, O Incio e Bóveda, co Concello do Incio como promotor e financiado pola Xunta de Galicia. 

O Obradoiro ofrece formación e contrato de traballo cunha duración de 9 meses, e está centrado na conservación dos montes e a mellora de camiños e pistas. Participan 7 alumnos-traballadores da Pobra do Brollón.

Outras actuacións previstas no noso municipio desenvolveranse na ruta de sendeirismo de Doade-Augas Mestas, así como nos camiños que levan ás minas de A Veneira de Roques, á Cova das Choias, á ferrería de Loureiro e ao xacemento arqueolóxico de Os Conventos, na parroquia de Vilachá de Salvadur. Tamén está previsto acondicionar algúns itinerarios de bicicleta de montaña.



RELACIONADO