A Pobra do Brollón únese á campaña En Negro Contra As Violencias

A Pobra do Brollón únese á campaña En Negro Contra As Violencias

18 November 2020/concello/Xeral

En Negro Contra As Violencias é unha acción colectiva de sensibilización social contra as violencias machistas que involucra a concellos, institucións e sectores.

Aínda que está latente durante todo o ano, é sobre todo en novembro, o mes do 25N –Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller–, cando a acción se intensifica.

Na semana previa ao 25N, dende o Concello da Pobra do Brollón buscamos que o noso municipio se tinga de negro como resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas.

Nos edificios públicos e nas nosas redes sociais colgaremos carteis da campaña. Ademais entregamos carteis aos establecementos para que poidan sumarse á iniciativa.

Antes as restricións de mobilidade e distanciamento social impostas pola actual situación sanitaria, este ano o activismo virtual é máis importante ca nunca. Facemos un chamamento a tódolos veciños e veciñas a colaborar de xeito individual compartindo nas redes sociais as mensaxes de En Negro Contra As Violencias.

Como acción específica da Pobra do Brollón, animamos aos usuarios e usuarias das redes sociais a a facer unha foto en branco e negro dun lugar da Pobra do Brollón – a túa rúa, o teu negocio, un sitio onde vaias pasear... – para compartila nas redes (en público, preferiblemente) coas cancelas #APobraDoBrollonEnNegro e #ContraAsViolencias

Máis información e material da campaña: https://ennegrocontraasviolencias.gal/gl



RELACIONADO