ACTUALIZACIÓN 15/9 - Información sobre os PCR vinculados ao Centro de Saúde da Pobra do Brollón

ACTUALIZACIÓN 15/9 - Información sobre os PCR vinculados ao Centro de Saúde da Pobra do Brollón

10 September 2020/concello/Xeral

ACTUALIZACIÓN 15/9/20

Segundo os datos recibidos do Centro de Saúde da Pobra do Brollón, na última semana fixéronse 23 PCR con resultado negativo.

Parte das PCR son probas protocolarias pola incorporación ao traballo do profesorado. Hai un PCR pendente de resultado.

--------

Segundo información recibida do Sergas onte mércores 9, unha persoa residente no noso municipio tivo un PCR de resultado positivo.

Non hai indicios doutros contaxios na Pobra do Brollón; os datos actuais do Sergas indican un caso illado. A persoa está a facer a debida corentena domiciliaria. 

Informaremos de calquera novidade relevante que nos chegue dende o Sergas.

Pedimos nestes momentos tranquilidade e coma sempre, responsabilidade. 

Lembra seguir as medidas de hixiene e seguridade: 

  • Usa a máscara 
  • Desinfecta as mans frecuentemente
  • Practica o distanciamento social e mantén a distancia interpersoal de 2 metros
  • Se estiveches en contacto con alguén con síntomas de Covid-19, queda na casa
  • Se tes síntomas, chama ao ao 900 400 116 ou ao centro de saúde (tlf do centro de saúde da Pobra do Brollón: 982 430 351)

O Sergas ten unha páxina web dedicada a información sobre o Covid-19: coronavirus.sergas.gal



RELACIONADO