A partir do próximo luns o punto limpo móbil volve percorrer as parroquias da Pobra do Brollón, tras a suspensión do servicio por mor da crise do coronavirus.
O percorrido retómase en Pinel, onde estará aparcado xunto á igrexa dende o luns 1 de xuño ata o mércores 3. Despois estará en Abrence de xoves 4 a domingo 7. As seguintes datas serán:
O punto limpo móbil ten por obxectivo facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos como parte do programa municipal ‘Menos residuos, máis vida’. Realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente e do Feder.
Consiste nun remolque con compartimentos separados para depositar refugallos contaminantes, que posteriormente trasládanse ao punto limpo da Pobra para a súa xestión.
Os residuos que se poden depositar no punto limpo móbil son os seguintes:
- Envases de aerosois (ambientadores, insecticidas, produtos limpeza, perfumería e cosmética, etc.)
- Medicamentos caducados ou que xa non precises, e envases con restos de medicamentos
- Aceite usado de cociña
- Pilas, baterías e acumuladores
- Lámpadas de baixo consumo e fluorescentes
- Envases baleiros de pinturas
- Tóners e cartuchos de impresoras