O uso de máscara será obrigatorio cando non sexa posible manter a distancia de seguridade

O uso de máscara será obrigatorio cando non sexa posible manter a distancia de seguridade

20 May 2020/concello/Xeral

Hoxe publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orde que regula o uso obrigatorio de máscara cando non sexa posible manter a distancia interpersoal de dous metros. 

As persoas de seis anos en diante deberán levala cando se dea esa circunstancia na vía pública, en espazos ao aire libre e en calquera espazo pechado de uso público ou que se atope aberto ao público.

A Orde sinala que é tamén recomendable para os nenos de entre 3 e 5 anos e que preferentemente deberán usarse as máscaras hixiénicas e quirúrxicas, que cubran nariz e boca

Non será exixible o seu uso nas persoas que presenten algún tipo de dificultade respiratoria que poida verse agravada polo seu uso, as que teñan motivos de saúde debidamente xustificados ou aquelas que pola súa situación de discapacidade ou dependencia presenten alteracións de conduta que o fagan inviable. 

Ademais, o texto indica que non será esixible tampouco no desenvolvemento de actividades nas que resulte incompatible (por exemplo, comer e beber), se existe unha causa de forza maior ou situación de necesidade.

Como usar as máscaras que se repartiron aos veciños 

Dende o Concello da Pobra do Brollón, repartimos máscaras a tódolos habitantes do municipio, incluído máscaras adaptadas para nenos. Se algún veciño non recibiu unha máscara, pregamos que se poña en contacto co Concello para poder facer a entrega canto antes.

As máscaras repartidas son quirúrxicas de tres capas, cunha vida útil de 12 horas (non necesariamente consecutivas). Non son reutilizables, pero nos informan de que pódese prolongar o seu uso desinfectándoas mediante algún destes tres métodos:

  1. Pulverizándoas con alcohol (sen empapar a máscara; como se fose un perfume caro)
  2. No microondas: 1 minuto aproximadamente (dependerá do microondas) a potencia media. É recomendable comezar por medio minuto para non queimala.
  3. Deixando a máscara sen usar durante 48 horas (2 días)

As máscaras repartidas NON se poden lavar. 



RELACIONADO