As mulleres vítimas de trata e explotación sexual son persoas utilizadas como mercancía e sometidas ao control doutras persoas, polo que sofren unha grave vulneración dos seus dereitos.
Tamén outras mulleres en contextos de prostitución na circunstancia actual do estado de alarma están a ser ameazadas debido á falta de acceso a servizos básicos.
O Ministerio de Igualdade pon a disposición unha guía de recursos para mulleres nestas situacións, con teléfonos de contacto e información para asesoramento xeral, mais tamén para necesidades específicas, como un cambio de domicilio, axuda económica, apoio no coidado de menores, etc. Podes descargar o guía en PDF picando aquí.
Recordamos que as mulleres que se atopen nalgunha situación de vulnerabilidade, tamén poden contactar cos Servizos Sociais do noso concello, presencialmente nas súas oficinas na Casa da Cultura ou no teléfono 982 430 447. O horario de atención actual é de luns a xoves, de 9:30 a 14:00.
A nivel autonómico, a Xunta de Galicia dispón do ‘teléfono da muller’, un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día. O número é 900 400 273.
Ademais, a Xunta ten un servizo de asesoramento xurídico en liña para mulleres vítimas de violencia de xénero, dispoñible nesta ligazón.