Unha caravana para homenaxear a tódalas persoas que loitan contra o coronavirus

Unha caravana para homenaxear a tódalas persoas que loitan contra o coronavirus

01 May 2020/concello/Xeral

No mediodía do mércores tivo lugar na Pobra do Brollón un acto organizado polo Concello para homenaxear aos corpos de seguridade, profesionais sanitarios e aos veciños e veciñas pola loita colectiva fronte ao coronavirus.

Representantes do Concello, a Garda Civil, axentes medioambientais e bombeiros percorreron o centro da capitalidade da Pobra do Brollón ata o Centro de Saúde. No percorrido soaron as sirenas dos coches e tamén os aplausos dos veciños dende as súas casas e dos traballadores das tendas e farmacias abertas, que saíron dos seus establecementos para recibir a caravana.

No ambulatorio os participantes da caravana mantiveron un minuto de silencio xuntos co persoal sanitario polas persoas falecidas con coronavirus. 

“É unha homenaxe de todos para todos, a todo este pobo que leva tantos días confinado, facendo un exercicio de compromiso e responsabilidade na loita contra o coronavirus e tamén a toda a xente que está en primeira liña e arriscando a súa saúde para preservar a de toda a poboación” declarou ao final do acto o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda.

 

 



RELACIONADO