Recomendacións do Ministerio de Sanidade para as persoas que regresan ao traballo

Recomendacións do Ministerio de Sanidade para as persoas que regresan ao traballo

13 April 2020/concello/Xeral

A partir de hoxe luns 13 de abril, aínda que a maioría das ocupacións continúan paralizadas, retómanse no Estado as actividades da industria e da construción (excluídas as obras en edificios habitados), e algúns traballos máis como as empregadas do fogar e oficinas como despachos de avogados. 

En caso de ser posible, o teletraballo sempre é preferible. Non deben volver ao centro de traballo as persoas con síntomas ou que tivesen un contacto estreito con persoas afectadas polo COVID-19, nin persoas vulnerables.  

Para as persoas que si van traballar fóra de casa, o Ministerio de Sanidade publicou unha serie de recomendacións. Algunhas das boas prácticas recomendadas son:

- Desprazarse ao traballo preferiblemente en coche particular, andando, en moto ou en bici. En caso de usar transporte público, manter a distancia de seguridade interpersoal de 2 metros e usar máscara hixiénica. 

- Nos centros de traballo, manter en todo momento a distancia de seguridade interpersoal de 2 metros. Si non é posible manter esta distancia, usar máscaras.

- Lavar as mans con frecuencia con auga e xabón ou con solución hidroalcohólica.

- Cubrir nariz e boca ao esbirrar cun pano desbotable ou no cóbado.

- Ventilar periodicamente os lugares de traballo e reforzar a limpeza.

En todo caso, recomendamos consultar e descargar a guía completa de boas prácticas nesta ligazón: https://www.mscbs.gob.es/gabinetePrensa/notaPrensa/pdf/GUIA110420172227802.pdf



RELACIONADO