O servizo do Punto Limpo Móbil suspéndese ata novo aviso

O servizo do Punto Limpo Móbil suspéndese ata novo aviso

25 March 2020/concello/Xeral

Debido á situación actual de emerxencia sanitaria e ás dificultades loxísticas que implica, o servizo do Punto Limpo Móbil suspenderase a partir da próxima semana ata novo aviso.

O remolque está agora en Vilachá de Salvadur (diante da casa do Raimundo carpinteiro), onde permanecerá ata este xoves. De venres a domingo estará en Liñares, xunto á casa da cura. Esta será a última parada do punto limpo móbil ata que se poida retomar a súa actividade con normalidade.



RELACIONADO