Actívase o servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade

Actívase o servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade

18 March 2020/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha un servizo de entrega a domicilio de produtos de primeira necesidade – alimentos e medicamentos – para evitar que as persoas más vulnerables saian das súas casas. 

O servizo é gratuíto e prolongarase mentres dure a situación de emerxencia sanitaria causada polo coronavirus.

Vai dirixido principalmente a persoas en grupos de risco – maiores de 70 anos e persoas con enfermidades crónicas – pero pode estenderse a calquera persoa que o precise. 

O servizo solicítase no teléfono 650 624 828, indicando os produtos que se precisen. Os pedidos pódense facer a calquera hora, pero a entrega realizarase de luns a sábado en horario de 11:00 a 15:00, excepto en casos de emerxencia xustificada.

Os pedidos pódense recoller nos negocios locais: os supermercados Ana, Roelma e Pepita da Estación, e nas farmacias Cristina Touza e Mercedes Pardo. 

As recollidas e entregas dos produtos realizaranse con todas as medidas recomendadas para garantir a máxima hixiene e seguridade.



RELACIONADO