El Ayuntamiento organiza cuatro viajes a la playa en julio y agosto

El Ayuntamiento organiza cuatro viajes a la playa en julio y agosto

17 Julio 2026/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón organiza viaxes á praia en catro domingos de xullo e agosto: o 19 de xullo, a Viveiro; o 2 de agosto, a Samil; o domingo 16, a Miño; e o 30 de agosto, a praia América

As saídas son diante do Concello ás 8:00 horas da mañá. Aconséllase levar roupa cómoda.

As prazas son limitadas, cun grupo mínimo de 10 persoas. O prezo son 20€ por persoa e viaxe. As comidas son por conta do viaxeiro.

As inscricións realízanse na Biblioteca municipal (Casa da Cultura 'Olga Novo', 2º andar) ata as 12:30h do venres anterior á saída. Para máis información, pódese contactar por teléfono no 982 430 546.

 

 



RELACIONADO