Bando sobre el consumo responsable de agua

Bando sobre el consumo responsable de agua

17 Julio 2026/concello/Xeral

Debido ás altas temperaturas, a escaseza de precipitacións, así como o notable aumento da poboación e a demanda durante a época estival, co obxectivo de garantir o abastecemento continuo de auga para o consumo, facemos un chamamento á responsabilidade colectiva, a solidariedade e a colaboración de toda a veciñanza do municipio facendo un uso responsable da auga de consumo.

É por isto que pregamos non realizar as seguintes actividades coa auga da rede municipal de abastecemento:
X Rego de campos, xardíns e hortas
X Lavado de vehículos
X Enchido de piscinas
X Baldeo de patios, fachadas, terrazas e/ou beirarrúas
X Calquera outra actividade que implique un elevado consumo de auga.



RELACIONADO