982 430 001

Atención cidadá

Xeral

O XVII Concurso de Tapas da Guimaralia celébrase do 27 de novembro ao 4 de decembro

O XVII Concurso de Tapas da Guimaralia celebrarase dende o venres 27 de novembro ata o venres 4 de decembro.

Participan cinco locais: tres na capitalidade da Pobra do Brollón – Avenida, Vella Taberna e Pirata –, Salanova en Salcedo e O Fogón en Cereixa.

As tapas do concurso teñen un prezo único de 1,50€. Pódense degustar en horario de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas. 

Os días de peche por descanso dos establecementos son: luns 30 para O Fogón e A Vella Taberna, e mércores 2 para A Salanova. O Avenida e O Pirata abren todos os días.

A elección do primeiro, segundo e terceiro premio será, coma sempre, por votación popular. O público pode elixir a súa tapa favorita nunha tarxeta de voto que deberá estar selada por todos os bares participantes. Os participantes entrarán nun sorteo dun circuíto termal no Hotel Iberik Augas Santas, en Pantón.

Consulta as bases do concurso neste enlace.