982 430 001

Atención cidadá

Cultura

O festival Vendaval chega á Pobra este sábado 21 coa proxección de ‘Banzo’

A Pobra do Brollón acollerá unha proxección do pase de outono da 3ª edición de Vendaval, Mostra de cinema portugués da Ribeira Sacra.

Será o filme Banzo de Margarida Cardoso, este sábado 21 de novembro ás 20:00 na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.

Banzo sitúase en 1907 e narra a historia de Afonso, un médico que chega a unha illa tropical africana para tratar un grupo de serventes afectados polo ‘banzo‘, a profunda nostalxia das persoas escravizadas.

O filme foi gañadora de dous premios no festival IndieLisboa e dez premios Sophia en 2026, entre eles os de mellor filme, dirección e guión orixinal.

Organiza Abella Producións co apoio do Concello da Pobra do Brollón en colaboración co Plan Deputación de Lugo 2026 de Cooperación cos concellos. Esta actividade é realizada en colaboración co Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) mediante o programa ‘Territorio Cultura’.

Etiquetas
cine,proxección