O Concello Pobra do Brollón recibe unha mini-escavadora e un remolque novos grazas a un convenio coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo

O Concello Pobra do Brollón recibe unha mini-escavadora e un remolque novos grazas a un convenio coa Vicepresidencia da Deputación de Lugo

17 Xuño 2026/concello/Xeral

O Concello da Pobra do Brollón conta dende esta semana cunha mini-escavadora, un remolque basculante e un martelo rompedor hidraúlico, tras asinar un convenio coa área de Medio Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para financiar a adquisición.

O alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda e o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro, visitaron esta mañá a acometida de auga que xa se está a levar a cabo coa nova maquinaria na parroquia de Fornelas.

A mini-escavadora e o martelo rompedor permitirán resolver con maior eficiencia obras deste tipo e outras actuacións tales como avarías de auga. O remolque, pola súa banda, conta con basculante e ramplas para facilitar o transporte da máquina.

Xosé Lois Maceda agradeceu á Vicepresidencia da Deputación que fixese posible contar con esta maquinaria tan necesaria para manter en boas condicións a ampla rede de camiños rurais da Pobra do Brollón.



RELACIONADO