O Campamento de Nadal ofrécese do 22 de decembro 2026 ao 7 de xaneiro 2027 para facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares.
O Campamento ofrece ás crianzas de 3 a 16 anos un espazo de lecer educativo, creativo e inclusivo en horario de 8:00 a 15:00 horas.
Realizaranse obradoiros de Nadal, manualidades, xogos cooperativos, contacontos e dinámicas socioeducativas, fomentando a creatividade, a educación emocional, a autonomía e a convivencia a través do xogo.
O período de inscrición está aberto ata o 27 de novembro. As prazas son limitadas. A inscrición faise nas oficinas de Servizos Sociais (Casa da Cultura 'Olga Novo', 1º andar - 982 430 447 / 609 004 541).
O Campamento de Nadal é confinanciado pola Consellería de Política Social e Igualdade e polo Ministerio de Igualdade, no marco do Plan Corresponsables.
