Un convite para ‘debuler’ lendas na Biblioteca

Mensaxe de erro

  • Notice: Undefined index: und en include() (línea 31 de sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und en include() (línea 43 de sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).
  • Notice: Undefined index: und en include() (línea 43 de sites/all/themes/hawell/tpl/node--portfolio.tpl.php).

Un convite para ‘debuler’ lendas na Biblioteca

24 Outubro 2019/concello/Cultura

Para conmemorar o Día da Biblioteca, este venres nenos e nenas están convidados á biblioteca municipal da Pobra do Brollón a un espectáculo con Tarabelos para ‘debuler’: debuxar o que se le. 

A cita trátase dun espectáculo que mestura narración oral, ilustracións e a técnica xaponesa centenaria kamishibai para descubrir o valor de lendas como piratas, dragóns, celtas, biosbardos... O resultado será unha sesión participativa onde as ilustracións se poden ver, tocar, manipular, incluso vestir. 

O espectáculo será o venres 25 ás 17:00 da tarde na biblioteca municipal (Casa da Cultura ‘Olga Novo’).



RELACIONADO