O cuarteto vocal Son de Corda ofrecerá un concerto/recital o domingo 8 de novembro

O cuarteto vocal Son de Corda ofrecerá un concerto/recital o domingo 8 de novembro

28 Outubro 2026/concello/Cultura

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cun concerto/recital no que escoitaremos os versos de poetas contemporáneas vinculadas á montaña lucense, entre elas, a nosa benquerida Olga Novo. Será o domingo 8 de novembro ás 19:00 horas, na Casa da Cultura 'Olga Novo', A Pobra do Brollón.

O cuarteto está integrado por Esperanza Iglesias, soprano; Carmen Prendes, contralto; Fernando G. Jácome, tenor; e Antón Castro, baixo. Durante o concerto haberá acompañamento musical do pianista Raúl Rodríguez, e tamén se proxectarán vídeos nos que escoitaremos ás poetas falar de montaña, muller e poesía.

Baixo o nome de 'As poetas da montaña', esta proposta cultural fusiona versos e música para reivindicar o legado literario feminino. Conta co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e do Concello da Pobra do Brollón.



RELACIONADO