O Mercado Circular volve á Praza da Peza este verán

O Mercado Circular volve á Praza da Peza este verán

20 Xullo 2026/concello/Xeral
Volve o Mercado Circular, unha iniciativa do Concello da Pobra do Brollón para promover o consumo local, xusto e sostible.
 
O mercado abre na Praza da Peza os días de feira en horario de mañá: concretamente, os días 25 de xullo, o 11 e 25 de agosto e o 11 de setembro.
 
Pode participar calquera persoa que queira vender algo da súa propia colleita: produtos da horta, conservas, viño, mel, artesanía, roupa ou obxectos de segunda man...
 
As persoas interesadas en participar deben contactar no teléfono 650624828, indicando nome e tipo de posto. Será requisito contar con posto propio.
 


RELACIONADO