O CIM Móbil volve á Pobra do Brollón o xoves 25 de xuño para prestar información, asesoramento e acompañamento psicolóxico, social e xurídico en materia de violencia contra as mulleres.
O CIM Móbil é un recurso da Xunta para aqueles concellos que actualmente non dispoñan dun Centro de Información á Muller (CIM).
Está dirixido a mulleres e á cidadanía en xeral para atender consultas relacionadas coa información, a atención e a prevención da violencia de xénero.
Co obxectivo de obter maior visibilidade do servizo, estará a disposición de 10:00 a 14:00 h ao carón da Casa do Concello na Avenida de Galicia, A Pobra do Brollón.
