La XVI Reunión de vecinas y vecinos será el domingo 22 de noviembre

La XVI Reunión de vecinas y vecinos será el domingo 22 de noviembre

06 Noviembre 2026/concello/Xeral

A XVI Xuntanza de Veciñas e Veciños da Pobra do Brollón terá lugar o vindeiro domingo 22 de novembro. 

Con esta xuntanza propoñemos pasar un día de lecer e convivencia en compañía dos nosos veciños e veciñas. Será unha xornada completa na que celebraremos un xantar popular, amenizado con música e sorteos de agasallos.

A xuntanza está aberta a todo o mundo de calquera idade que queira participar. As persoas maiores de 60 anos e os seus respectivos cónxuxes ou parellas (aínda que non superen dita idade) terán un prezo reducido de 15€. Para gozar deste prezo subvencionado, deben estar empadroados no Concello.

Para o resto de persoas que desexen acudir o prezo será de 25€ para as empadroadas e 40€ para as non empadroadas.

Os nenos e nenas de ata 14 anos que estean empadroados no Concello terán tamén un prezo reducido de 10€. Para os menores de ata 14 anos que non estean empadroados, o prezo será de 15€.

O menú inclúe: Empanada, Polbo, Carne ó caldeiro, Postre, Bebidas e café.

A inscrición deberá realizarse de xeito presencial na Biblioteca Municipal (na Casa da Cultura 'Olga Novo') de luns a venres en horario de 10:30 a 13:30 horas. O prazo para apuntarse remata o día 13 de novembro de 2026.

Para ter o menú subvencionado, é preciso presentar a carta que recibirán no seu domicilio as veciñas e veciños do concello. Para máis información poden contactar coa Biblioteca no teléfono 982 430 546.

Para facilitar a asistencia á Xuntanza, haberá servizo de transporte gratuíto. As persoas que o precisen, deben solicitalo na Biblioteca no momento da inscrición.

Agardamos podernos atopar o vindeiro 22 de novembro.

 



RELACIONADO