Información sobre el Censo Electoral en relación a las Elecciones Generales del 29 de noviembre

Información sobre el Censo Electoral en relación a las Elecciones Generales del 29 de noviembre

14 Octubre 2026/concello/Xeral

Dende o Concello da Pobra do Brollón infórmase que está aberto o prazo para consultar o censo electoral vixente en relacion ás Eleccións ás Cortes Xerais que se celebran o vindeiro día 29 de novembro de 2026.

O prazo permite tamén a presentación de reclamacións, no caso de que os datos do censo sexan erróneos. 

O período de consulta e reclamación comprende dende o 12 ao 19 de outubro, ambos incluídos, de 8:00 a 14:00 h, de xeito presencial nas oficinas municipais do Concello da Pobra do Brollón.

É preciso presentar o documento de identidade (DNI, pasaporte ou permiso de conducir con fotografía do titular).

Para máis información poden contactar coas oficinas municipais no teléfono 982 430 001.



RELACIONADO