Información sobre posibles cortes de agua el 22 de septiembre

Información sobre posibles cortes de agua el 22 de septiembre

21 Septiembre 2026/concello/Xeral

O martes 22 de setembro vaise proceder á limpeza da presa de Loureiro.

Por este motivo, o subministro de auga pode verse interrompido nalgún momento. Ademais, pode ser que a auga que chegue ás nosas billas saia con algo de turbidez nos vindeiros días. Neste último caso recomendamos non facer uso da auga para o consumo directo.

Tamén pedimos á veciñanza un uso responsable para que a auga almacenada nos depósitos dure mais tempo. 

As poboacións afectadas son:

  • Pereiro
  • Domiz
  • Recemunde
  • Tudriz
  • Martul
  • Vilardeperas
  • Lamaigrexa
  • Castroncelos
  • Vilarmao
  • Piñeiros
  • A Estación
  • Abrence
  • Frieira
  • Pinel
  • A Pobra do Brollón

Agradecemos a comprensión e colaboración.



RELACIONADO