Convocada una reunión informativa para presentar el nuevo servicio de mediación de alquileres

Convocada una reunión informativa para presentar el nuevo servicio de mediación de alquileres

10 Junio 2026/concello/Xeral

Este venres 12 convócase unha xuntanza para informar sobre o novo servizo gratuíto de mediación de alugueres do Concello da Pobra do Brollón. Será ás 10:00 no salón de actos da Casa da Cultura 'Olga Novo'.

O acto é aberto a toda a veciñanza, sendo de especial interese para propietarios e propietarias con interese en arrendar, así como potenciais inquilinos ou inquilinas na Pobra do Brollón.

Este servizo ponse en marcha dende as oficinas de Servizos Sociais para atraer e fixar poboación no municipio incentivando o mercado do aluguer e facilitando o acceso á vivenda.

A xuntanza ten por obxectivo informar do servizo á veciñanza, así como facilitar que os e as asistentes compartan dúbidas ou inquedanzas.



RELACIONADO