982 430 001

Atención cidadá

Xeral

Indicacións sobre o consumo de auga da rede de Barxa de Lor

Debido ás intensas choivas rexistradas nestes últimos días, detectouse un incremento dos niveis de turbidez na auga da rede de subministro público en Barxa de Lor.

En aplicación das recomendacións da autoridade sanitaria, informamos á poboación de que, dende hoxe 19 de novembro ata novo aviso, débense seguir as seguintes indicacións respecto ao uso da auga da billa:

Usos NON permitidos:
– Beber directamente da billa.
– Cociñar ou preparar alimentos.
– Lavar alimentos que vaian a consumirse en crú.
– Hixiene bucal.
– Preparar biberóns ou alimentos infantís.

Usos permitidos: A auga da billa pode seguir usándose con normalidade para:
– Hixiene persoal externa: ducharse, bañarse e lavarse as mans.
– Limpeza do fogar: fregar chans, limpar superficies e lavar a louza.

Os servizos técnicos municipais e a empresa xestora do servizo están a traballar para restablecer a calidade óptima da auga na maior brevidade posible.

O levantamento de esta restrición comunicarase oficialmente polas canles habituais do Concello tan pronto como as analíticas confirmen que a auga volve ser apta.