Medio Rural

PUNTO LIMPO

Horario atención Punto Limpo: Todos os mércores de 9:00 a 13:00 horas.

No punto limpo pódense depositar todos os grandes residuos, como mobles, colchóns ou electrodomésticos. Non debe depositarse no punto limpo: uralita, pneumáticos. Recóllese aceites de vehículos somentes a particulares. Consulten as normas de uso neste enlace.

Ofrecemos ademais un servizo gratuíto de recollida domiciliaria de residuos voluminosos. Para máis información poden chamar ao teléfono 982 430 001.

PUNTO LIMPO MÓBIL

O punto limpo móbil é unha iniciativa dentro do programa 'Menos residuos, máis vida' para conservar e protexer o medio natural promovendo a eficiencia na xestión dos residuos. É unha iniciativa que conta co apoio financieiro da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia e do Feder.

O Punto Limpo Móbil consiste nun remolque que circulará polas diferentes parroquias. Dispón de compartimentos separados para facilitar o depósito dos seguintes residuos:

  • Lámpadas e tubos fluorescentes
  • Aceito usado de cociña
  • Aerosois
  • Envases baleiros de pinturas, lacas e vernices
  • Pilas e baterías
  • Medicamentos caducados
  • Tóner e cartuchos de impresora

 

COMPOSTAXE COMUNITARIA

Desde a área de medio natural participamos nun programa piloto para a xestión dos residuos orgánicos biodegradables co fin de obter un recurso valioso, o compost, para a súa aplicación na xardinería municipal ou reparto entre os participantes.

O programa de compostaxe está en marcha na capitalidade municipal dende marzo 2018 con 6 illas composteiras, sendo pioneiro na provincia de Lugo na aposta por novos modelos de xestión de residuos. A compostaxe comunitaria fomenta a participación da cidadanía en iniciativas municipais, coa colaboración altruísta e a conservación do medio natural como filosofía.

Esta iniciativa complementa o programa piloto de compostaxe domiciliaria que se desenvolve en Eixón, Cereixa e A Estación.

 

COMPOSTAXE DOMÉSTICA

Os e as veciñas que participaron no programa de compostaxe doméstica recibiron de xeito gratuíto un composteiro (con cubo para residuos orgánicos, remexedor e termómetro), tras unha formación de como usar correctamente o composteiro.

 

PLAN DE ACCIÓN PARA O CLIMA E A ENERXÍA SUSTENTABLE

A elaboración do Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable é un compromiso adquirido polo Concello da Pobra do Brollón ao asinar o Pacto dos Alcaldes. Ten os seguintes obxectivos:

  • Reducir as emisións de CO2
  • Aumentar a eficiencia enerxética 
  • Aumentar o uso de enerxía procedente de fontes renovables
  • Elaborar un inventario de Emisións de Referencia (IER)
  • Realizar unha avaliación de riscos e vulnerabilidades derivados do cambio climático
  • Presentar o Plan de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable (PACES) cos seguintes obxectivos: reduir as emisións de gases de efecto invernadoiro e aumentar a resiliencia climática do concello, minimizando os efectos do cambio climático
  • Presentar polo menos cada dous anos un informe de acción: un documento de seguimento do PACES 

Finalmente establecerase unha metodoloxía para a realización do inventario de seguimento de emisións (ISE) que deberá actualizarse cada dous anos, de xeito que se poida comprobar o cumprimento dos obxectivos.

A axuda é do 100% do importe (2.999,95€), procedentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para asistencia técnica na elaboración dun Plan de Acción para o Clima e a Enerxia Sustentable (PACES).

Instalacións de abestecemento municipal