Volve un ano máis o Ciclo Mestre Mateo á Pobra do Brollón, con 8 longametraxes e 2 sesións de curtametraxes, todas ganadoras ou nominadas na última edición dos Premios Mestre Mateo.
A primeira proxección será o vindeiro mércores 8 de xullo ás 20:30 no local social de Pino con Deuses de pedra, longa documental dirixida por Iván Castiñeiras.
O resto de películas do ciclo proxectaranse entre xullo e setembro en diversas parroquias: Pacios, Ferreiros, A Pobra, Cereixa, Canedo, Vilachá de Salvadur, Óutara, Salcedo e Eixón.
O Ciclo Mestre Mateo é unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual co apoio da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.


