982 430 001

Atención ciudadana

Un punto limpo exemplar

O Concello da Pobra do Brollón vén desenvolvendo un importante esforzo por coidar e respectar o medio ambiente. Ademais de ser pioneiros na provincia de Lugo na compostaxe comunitaria, con 6 illas na capitalidade municipal e desenvolvendo en Cereixa, Eixón e A Estación unha experiencia piloto coa entrega de 25 composteiros para o domicilio, conseguiuse […]

VI Feira Medieval Guímara

O concello da Pobra do Brollón celebra o sábado, 13 de xullo, a VI edición da Feira Medieval Guímara; acto en lembranza da revolta desenvolta pol@s veciñ@s da Pobra contra o Conde de Lemos cando quixo cobrar impostos a este territorio, sen ningún tipo de dereito sobre el. Cóntase que os homes e mulleres de Brollón […]

Fagamos por converter A Pobra do Brollón nun exemplo de calidade de vida, Xosé Lois Maceda Vilariño, alcalde da Pobra, na sesión constitutiva da Corporación Municipal.

Este sábado, 15 de xuño, celebrouse no Salón de Plenos da Casa Consitorial da Pobra do Brollón a Sesión Constitutiva da Corporación Municipal. Trala constitución da mesa de idade os concelleiros votaron ou prometeron seus cargos: Fernando Parada Vila do PP; Tamara Rodríguez do PSOE; José Luis Maceda Vilariño; Manuel González Moreira; Ricardo Rodicio González; […]

Perigo alto de incendios, dende o 1 de xullo ao 30 de setembro

No DOG deste xoves publícase a orde do 5 de xuño do 2019 pola que se determina a época de perigo alto de incendios. As análises espazo-temporais dos lumes forestais en Galicia nos últimos vinte anos reflicten dúas épocas cun incremento notable da actividade incendiaria e, polo tanto, débense considerar como épocas de perigo alto […]

I ciclo de Vilacharlas, Mollando a palabra

As Vilacharlas enmárcanse no proxecto Adegas da Memoria, iniciativa do Concello da Pobra do Brollón e a Asociación de Veciños de Vilachá, coa participación do Incipit-CSIC.  As Vilacharlas serán unha serie de 5 charlas nas que 5 arqueólogos compartirán as súas experiencias. Comezarase o día 6 de maio, o arqueólogo, Juan Pablo López, falará de Terra Levis, un […]

O Centro de Día da Pobra do Brollón celebra o seu X aniversario 

No 2009 abría as súas portas o Centro de Día da Pobra do Brollón. As instalacións con capacidade para 40 persoas, contan na actualidade con 23 usuarios dos concellos da Pobra do Brollon, Monforte de Lemos e Ribas de Sil. Traballan no Centro de Día, unha terapeuta ocupacional, unha traballadora social, 6 xerocultoras e persoal de […]

En proceso de contratación as obras para a residencia do Concello da Pobra do Brollón

O Executivo Provincial vén de aprobar a aceptación da parcela que o Concello da Pobra da Brollón pon á súa disposición para a construción da residencia. A parcela conta con 7.035 metros cadrados. Sitúase ao carón da Avenida Outeiro, e ao carón do centro de día municipal. En 1.700 metros cadrados contará con 2 plantas. No semisoto, de 277 metros cadrados, instalarase o […]

VII Festa de Clásicos Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

O Club Autoclásico Ribeira Sacra coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón, organiza para o Domingo 7 de Abril a VII Festa de Clásicos Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade. A cita comezará con concentración de vehículos históricos e clásicos con máis de 25 anos. Entre 9.00 e 11.00 horas os vehículos estarán expostos na […]

Xornada Técnica sobre a Vespa Velutina

O vindeiro sábado, 23 de marzo, ás 17.00 celebrarase na Casa da Cultura “Olga Novo”, unha Xornada Técnica sobre a Vespa Velutina. Antonio Valea, apicultor e experto en combater a plaga na Mariña, abordará temas como a identificación e diferenciación doutras especies, coñecemento do seu ciclo anual, identificación e métodos para destruír os niños, ou a construción […]