982 430 001

Atención ciudadana

Máis dun centenar de alumnos comezan curso na Escola municipal de Música ‘Samoeiro’

Xa comezou o curso na Escola municipal de Música ‘Samoeiro’ na Pobra do Brollón, con 107 alumnos matriculados nalgunha das oito especialidades ofertadas.  As clases máis populares son as de baile tradicional e percusión (pandeireta, tambor e tamboril), seguidas de coro, música e movemento (para nenos), gaita, acordeón, piano e frauta. Case a metade dos […]

O proxecto Adegas da Memoria, exemplo de ciencia cidadá

O proxecto etnoarqueolóxico Adegas da Memoria, que se desenvolve na parroquia guímara de Vilachá, foi presentado esta semana en Lisboa no 2º Encontro Nacional de Ciência Cidadã. Este evento, organizado por un conxunto de universidades, asociacións e institucións portuguesas, busca a reflexión sobre a participación pública en procesos de investigación científica, a través de casos e […]

A XII Xuntanza de Veciños será o 3 de novembro

A duodécima Xuntanza de Veciños da Pobra do Brollón será o domingo 3 de novembro no pavillón do colexio. A xa tradicional homenaxe aos maiores do noso Concello ten por obxectivo pasar un día de lecer e convivencia entre veciños.  O evento comezará ás 12:30. Trala chegada dos veciños haberá unha actuación da Escola municipal […]

Chegou o Festivaliño On The Road á Pobra do Brollón

Hoxe o alumnado do C.E.I.P A Pobra do Brollón puideron facer de reporteiros e críticos de cine grazas á iniciativa Festivaliño On The Road. Tras percorrer 60 puntos de Galicia, este festival itinerante agora chegou ao noso concello. Trátase dunha proposta de distribución, exhibición e creación de cine infantil que forma parte do plan ‘O Teu […]

Actualización horarios de manualidades e ximnasia

Xa están en marcha as actividades de manualidades e ximnasia, que teñen lugar en diferentes parroquias do Concello durante os meses de setembro, outubro e novembro. Aquí pódese consultar os horarios por parroquias de ambas actividades. Aínda se aceptan novos participantes. Para empezar as persoas interesadas deben asistir ao lugar da parroquia onde se imparten as […]

Consulta os horarios da Escola de Música ‘Samoeiro’

A semana do 14 de outubro comezan as clases da Escola municipal de Música ‘Samoeiro’, nas que se ofrecen dez especialidades diferentes. Aquí presentamos os horarios de cada especialidade. Para máis información do grupo ao que pertence cada alumn@, hai que chamar ao 982 430 001 en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a […]

Alerta amarela por tormentas e choiva para o mércores 18

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) informa dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo por tormentas e choiva para o ámbito xeográfico de Lugo (Zonas de Montaña e Sur). Dito fenómeno comezará ao mediodía do día 18 e está previsto que remate a últimas horas da tarde-noite do mesmo día . Dado o carácter destes fenómenos se […]

A unidade móbil de doazón de sangue chega á Pobra

O mércores 18 de setembro chega á Pobra do Brollón a unidade móbil para doar sangue de ADOS, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Sergas. Estará aparcado diante do cuartel da garda civil entre as 16:00 e as 18:30.  A época do verán é a máis complicada para manter constante a participación nas […]

Coñece o teu camiño, paso a paso

O Concello da Pobra do Brollón organiza unha serie de rutas polo Camiño de Inverno dende Nocedo ata Santiago de Compostela. Baixo o nome de ‘Coñece o teu camiño, paso a paso’, esta iniciativa realízase a través do plan ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta de Galicia para dinamizar de xeito participativo o Xacobeo 2021. Para […]

Abre o prazo de matrícula para a Escola de Música ‘Samoeiro’

ACTUALIZACIÓN 16/9 Os horarios das clases concretaranse unha vez rematado o prazo de matrícula. Procurarase adaptalos á dispoñibilidade do alumnado. Este curso, debido ás obras actualmente en marcha no edificio da escola, as clases impartiranse na Casa da Cultura ‘Olga Novo’, excepto as clases de baile tradicional, que seguirán a impartirse no pavillón deportivo.  – […]