982 430 001

Atención ciudadana

Continúa o ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ coa banda compostelá Hainas

O ciclo ‘Cos Pés na Terraza’ é un programa de concertos de verán nas terrazas dos bares e restaurantes organizado polo Concello da Pobra do Brollón.  Este venres 2 de setembro, continúa o ciclo con Hainas. Será ás 20:30 na terraza do restaurante O Fogón, en Cereixa. Despois do concerto seguirá a música con sesión […]

Concerto de Caldo e máis cultura esta fin de semana

Esta fin de semana volve cargada de actividade en terras guímaras con diversos eventos, tras a suspensión provocada polos lumes. O venres pasado estaba previsto un concerto do trío Caldo que tivo que ser adiado debido ao incendio forestal. Finalmente, terá lugar este venres 29 a partir das 20:30 no Bar-Restaurante A Mesa dos Catro Cabaleiros, […]

Programa da VII Feira Guímara

Os actores Melania Cruz e Xúlio Abonjo serán os pregoeiros desta edición O programa inclúe concertos con Alba María e Queco Díaz, Comando Curuxás e Xerezade Entre as novidades, hai concursos de caracterizacións e estandartes A Feira Guímara celebra a súa sétima edición o sábado 16 de xullo. Vén cun programa cargado de actividades dende a […]

O FanCine de Lemos chega a Vilachá

A Pobra do Brollón, e concretamente o conxunto de adegas de Vilachá, será escenario por primeira vez do FanCine de Lemos, festival de cine fantástico da Terra de Lemos. Este venres 8 de xullo acollemos unha tarde-noite arredor de videoxogos e cine fantástico, onde non van faltar o viño e a troula (como non!). Ademais […]

A VII Feira Guímara celebrarase o sábado 16 de xullo

A VII edición da Feira Guímara celebrarase na Pobra do Brollón o sábado 16 de xullo. Cal é o concepto? As revoltas guímaras, María Castaña, os episodios da represión e guerrilla, tradicións como o Oso de Salcedo… Son feitos que falan de nós como un pobo afouto que aínda hoxe se resiste a ser nun […]

Volven as foliadas guímaras polas parroquias co ‘Foligrelo de Fornelas’

As foliadas organizadas polo Concello da Pobra do Brollón volven a xirar polas parroquias guímaras. Este sábado 4 de xuño tócalle á parroquia de Fornelas, en colaboración coa Asociación Veciñal A Fonte da Freita. No evento, bautizado polos organizadores como Foligrelo de Fornelas, ofrecerase caldo cortesía da Asociación Veciñal. Ademais haberá barra e cuncas á […]

El Festival de Literatura Gallega se celebra este sábado 21

El Festival de Literatura Gallega se celebrará este sábado 21 a partir de las 18:00 horas en la Casa de la Cultura ‘Olga Novo’, en Pobra do Brollón. Alumnos de la Escuela Municipal de Música de Samoeiro actuarán en el festival, seguidos del espectáculo ‘Hocus Pocus’ de Mago Paco. La ocasión servirá para entregar los premios del Concurso de Literatura Gallega, así como […]

A Feira do Viño de Vilachá desvela a súa programación musical

O Concello da Pobra do Brollón dá a coñecer os grupos participantes na 29 Feira do Viño de Vilachá, que se celebra o sábado 7 e domingo 8 de maio no conxunto histórico de adegas da Abelaira. O prato forte musical desta edición será a actuación do grupo Brassica Rapa, primeira fanfarria 100% feminina galega que encherá […]

Coñece o proxecto cultural de A Libraría de Proencia

O Concello da Pobra do Brollón continúa programando charlas para dar a coñecer propostas interesantes de arraigamento no rural, especialmente da Ribeira Sacra ou da contorna.  Este xoves estará Paula Vázquez para contar o seu proxecto de A Libraría de Proencia, localizado na parroquia de Proendos, concello de Sober. Ademais, na actividade degustarase un doce […]

Comeza este sábado o Ciclo Mestre Mateo con ‘O gran camiño’

Este sábado 26 arranca o Ciclo Mestre Mateo co filme O gran camiño, un documental que percorre as grandes rutas a pé do mundo.  A proxección será ás 20:00 na Casa da Cultura da Pobra do Brollón. Será seguida de foliada con barra e pinchos, en colaboración coa Escola municipal de Música Samoeiro. O Ciclo Mestre […]