A Corporación municipal condena o acto vandálico perpetrado contra a Casa do Concello

A Corporación municipal condena o acto vandálico perpetrado contra a Casa do Concello

08 July 2026/concello/Xeral

A Corporación municipal da Pobra do Brollón condena con total firmeza o acto vandálico perpetrado contra a Casa do Concello na noite do pasado luns, no que se realizou unha pintada cunha esvástica na fachada lateral do edificio.

Os tres grupos políticos da Corporación –BNG, PSOE e PP– manifestan, de maneira conxunta e unánime, a súa máis absoluta repulsa ante calquera ataque aos valores democráticos e ante todo acto de enaltecemento do fascismo.

A Casa do Concello é a casa de toda a veciñanza, un espazo que simboliza a convivencia, o respecto e a pluralidade, polo que este tipo de agresións non teñen cabida na Pobra do Brollón.

O Concello procederá en breve á limpeza da pintada. Así mesmo, faise un chamamento á responsabilidade colectiva para que este tipo de condutas intolerantes non se volvan producir no noso municipio.



RELACIONADO


Outras Novas