982 430 001

Citizen attention

General

O Concello da Pobra do Brollón pon en valor a Cova das Choias e garante a conservación da súa biodiversidade

A Cova das Choias é unha gruta de orixe natural, un dos espazos máis singulares da comarca de Lemos. Na época romana a gruta alterouse pola man do home para a extracción do mineral do ferro. Sábese do seu aproveitamento intensivo, sobre todo nos séculos XVI e XVII, abastecendo ás ferrerías da comarca, principalmente á desaparecida ferrería de Biduedo na parroquia de Óutara.

Na actualidade a cavidade ten unha extraordinaria riqueza natural en situación vulnerable: o musgo luminiscente e unha poboación de diferentes comunidades de morcegos única en Galicia. A Asociación Drosera para o estudo e conservación do medio natural comunicara ao concello a importancia dun ambiente sin presenza humana para a conservación dalgunhas das comunidades de morcegos. Nesta situación o concello decide executar unha obra de posta en valor da Cova das Choias.

O proxecto, xestionado polo concello ante o GDR Ribeira Sacra – O Courel, posibilitou vallar a entrada á cavidade para impedir o acceso pero permítese unha amplia visión da cova, mellorouse o tramo duns 600m. que chega ata a entrada da cavidade; salvando con pasarela de madeira, escaleiras e pasamáns o tránsito por algúns dos treitos.

A obra da Cova das Choias supón poñela en valor dentro da Rede de Recursos Turísticos do Concello e protexer dous elementos dun valor biolóxico incalculable, cuestión prioritaria para o equipo de goberno.

Por unha banda o moss que lle confire a cor verde á cavidade. Este musgo ten a peculiaridade de que conta cuns filamentos que reflexan a luz verde esmeralda, producindo a ilusión visual de luminescence. A presenza deste musgo na Península Ibérica está documentada en a penas unha ducia de localizacións. Pola fraxilidade dos hábitats que ocupa esta especie está incluida no Catálogo Galego de Especies Ameazadas como especie vulnerable.

E por outra banda as aves que a habitan. Hai anos a cova recibía o seu nome, as Choias, pola abundante presenza destes paxaros da familia dos córvidos. Hai catro anos as choias desapareceron, agora ocupan a cavidade distintas bat species, the cave bat stands out, which has the largest known colony here in Galicia, and the large horseshoe bats that occupy the cave in autumn. These species are in a vulnerable situation and the simple human presence can be detrimental to the conservation of these colonies.

Tags