Comezan as actividades de manualidades e ximnasia

O luns 2 de setembro comezan as actividades de manualidades e ximnasia, durante os meses de setembro, outubro e novembro. Precísase un mínimo de 7 persoas para facer grupo. En caso de non facelo, os interesados terían que desprazarse a outra parroquia. A colaboración económica continúa sendo de 10€ por unha actividade, ou 15€ para […]
Alerta amarela por tormentas

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) activa o nivel de alerta amarelo por tormentas en Lugo (Centro, Montaña e Sur), interior de Pontevedra e a provincia de Ourense. Prevese que de comezo a primeiras horas da tarde do luns 26 e que remita coa chegada da noite. Prevense choivas e/ou ventos localmente fortes que poderán ir acompañados […]
Romaría de San Vitoiro: Normas de boa convivencia

Xa chega o gran día da popular Romaría de San Vitoiro, que se celebra os días 27 e 28 de agosto na parroquia de Saa. Para gozar todos desta festa, rogamos seguir as Normas de Boa Convivencia acordadas entre o Concello e a Comisión de Festas, coa colaboración da Garda Civil, o Distrito Forestal Terra de […]
Xa se poden recoller os vales para a compra de material escolar

O Concello da Pobra do Brollón ofrece vales para a compra de material escolar a todos os nenos e nenas matriculados no C.E.I.P A Pobra do Brollón. Un ano máis, as familias recibirán un vale de 75€ por cada pequeno da casa que vaia a cursar os seus estudos escolares no curso 2019-2020 na Pobra. […]
Arqueólogos atopan un esqueleto medieval practicamente completo no Castro de San Lourenzo

Sae un esqueleto practicamente completo en moi bo estado de conservación na escavación no Castro de San Lourenzo, na parroquia guímara de Cereixa. Foi cara ao final da campaña arqueolóxica, que comezou o 15 de xullo e rematou o xoves 15 de agosto. A campaña estivo promovida pola asociación veciñal da parroquia, o Concello da […]
Comeza a segunda edición do campo de traballo internacional no Castro de San Lourenzo

O equipo de arqueólogos que está a escavar o Castro de San Lourenzo en Cereixa xa conta con reforzos de 14 voluntarios. Son os participantes no segundo campo de traballo que ten lugar no castro e que está financiado pola Xunta de Galicia en colaboración co Concello da Pobra do Brollón. O grupo de voluntarios […]
Axudas á mocidade para a adquisición de vivendas

A Xunta de Galicia ofrece un programa de axudas destinadas a facilitar o acceso á vivenda a menores de 35 anos en concellos de menos de 5.000 habitantes. O prazo para a solicitude das axudas está aberto ata o 31 de outubro de 2019. A axuda consiste nunha subvención de ata 10.000 € por vivenda, co […]
Visitas guiadas de verán no Concello da Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón organiza visitas guiadas este verán (ata o 31 de agosto) a algúns dos principais recursos turísticos do Municipio: Castro de San Lourenzo, Adegas de Vilachá e Cova das Choias. As citas no Castro de San Lourenzo permiten coñecer un castro mineiro de 2.000 anos reocupado en época medieval. Esta proposta propón descubrir […]
Queixa formal ante Fenosa por fallos no subministro eléctrico

O Concello da Pobra do Brollón vén de presentar unha queixa formal ante Fenosa polos constantes fallos no subministro eléctrico. No escrito presentado infórmase de que o Concello da Pobra do Brollón leva tempo sufrindo constantes cortes do subministro eléctrico ao longo do día. Explícase que os cortes non están asociados a fenómenos de tormentas nin a outras causas meteorolóxicas. […]
Viaxes á praia este verán

O Concello da Pobra do Brollón xa ten a axenda para as viaxes á praia deste verán, co obxectivo de que a veciñanza poida gozar desta opción de lecer. Hai viaxes programadas para o día 14 de xullo a Samil, o 28 de xullo a Viveiro, o 4 de agosto a Miño e o 18 de […]
