982 430 001

Citizen attention

A Pobra do Brollón estrea punto limpo móbil

A Pobra do Brollón ten un novo punto limpo móbil que circulará polas parroquias do concello para facilitar a reciclaxe e o depósito seguro de residuos. A iniciativa é parte do programa muncipial ‘Menos residuos, máis vida’, e realízase co apoio da Consellería de Medio Ambiente da Xunta, e do Feder.  A presentación do punto limpo […]

A Pobra do Brollón, en negro contra as violencias

Con motivo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, sumámonos á campaña En Negro Contra as Violencias. Unha iniciativa de sensibilización social que busca unha resposta colectiva de rexeitamento das violencias de xénero e mais dos asasinatos machistas. Este ano –segundo datos oficiais–  foron asasinadas 51 mulleres en España, sen contar […]

Chega unha nova edición do Concurso de Tapas da Pobra do Brollón

O último venres de novembro comeza o XI Concurso de Tapas da Pobra do Brollón. Este ano participan sete establecementos; catro bares na capitalidade (O Pirata, Avenida, La Vieja Taberna, 1º de Maio), dous en Salcedo (A Cantina de Julia, A Salanova) e un en Cereixa (O Fogón).  ‘Trátase dunha iniciativa xa consolidada no noso […]

Aprende a identificar, apañar e preparar cogomelos con Carlos Pérez

O Concello da Pobra do Brollón en colaboración coa asociación O Colado do Vento organiza este domingo 17 un curso para aprender a identificar, recoller e preparar cogomelos. A xornada comezará ás 10:00 cunha charla teórica a cargo do experto Carlos Pérez (de Terras de María Castaña). Despois, el acompañará aos asistentes para a saída […]

En marcha obras para mellorar os camiños e accesos nas parroquias

Actualmente no Concello da Pobra do Brollón temos en marcha dúas liñas de subvencións principais para mellorar os camiños e accesos nas diferentes parroquias. Por un lado, o Plan de Mellora de Camiños Municipais que concede a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. Esta liña destinámola entre 2019 e 2020 a camiños en Guariz, Brollón e Castrosante. Aproximadamente […]

Empresas locais doaron preto de 200 agasallos para a XII Xuntanza de Veciños

Os asistentes á XII Xuntanza de Veciños da Pobra do Brollón recibiron por sorteo 197 regalos doados por 87 empresas locais. Foi o domingo 3 no pavillón do colexio, lugar de celebración desta xornada de lecer e convivencia entre veciños.  Queremos expresar o noso agradecemento pola colaboración das empresas, que ano tras ano fan que […]

Máis de 300 asistentes na XII Xuntanza de Veciños

O domingo 3 de novembro celebrouse no pavillón do colexio da Pobra do Brollón a duodécima Xuntanza de Veciños, a xa tradicional homenaxe aos maiores do Concello. Trala chegada dos 317 veciños participantes, houbo o xantar cun menú completo con empanada, polbo e carne ao caldeiro. O evento estivo amenizado pola música de profesores e […]

Comeza en novembro o servizo de recollida domiciliaria de residuos

O Concello da Pobra do Brollón recollerá de xeito gratuíto residuos como mobles, electrodomésticos e outros residuos voluminosos que polo seu tamaño non poden ser depositados nos contedores urbanos. Non se recollen escombros de obras domiciliarias nin residuos considerados perigosos segundo a normativa vixente.  Para solicitar a recollida os interesados deben chamar ao teléfono 982 […]

Os veciños da Pobra, máis cerca de Santiago polo Camiño de Inverno

O derradeiro domingo de outubro completouse a primeira fase da actividade ‘Coñece o teu Camiño, paso a paso’: unha proposta para realizar o Camiño de Inverno, organizada polo Concello da Pobra do Brollón a través do plan ‘O Teu Xacobeo’ da Xunta. En dez domingos, os veciños guímaros participantes percorrerán o Camiño de inverno dende […]