982 430 001

Citizen attention

O Concello financiou un curso sobre manipulación de alimentos

A área de Servizos Sociais do Concello da Pobra do Brollón financiou un curso para obter o certificado oficial de Manipulador de Alimentos. O curso tivo lugar o pasado luns na Casa da Cultura e foi gratuíto para as dez persoas que participaron. Este certificado é necesario para traballar en sectores relacionados coa alimentación: na hostalaría […]

A Pobra do Brollón prepárase para a celebración do Entroido

O Entroido é unha das datas máis singulares no calendario de celebracións na Pobra do Brollón. Ten dous focos principais, a propia capitalidade da Pobra e a parroquia de Salcedo, co Oso como gran protagonista. Tras os Xoves de Compadres e Comadres, as celebracións comezan a tarde do sábado 22 de febreiro no centro da […]

As actividades de ximnasia e manualidades retómanse en febreiro

O vindeiro luns 3 de febreiro retómanse as actividades de ximnasia e manualidades polas parroquias do concello. A colaboración económica é a mesma que en edicións anteriores, 10 € para unha actividade; e 15 € para dúas actividades. A actividade de manualidades é semanal e a de ximnasia ofrécese dúas veces por semana.  Para asistir ás actividades as persoas interesadas deberán […]

Contacontos no cole polo Día da Paz

O CEIP A Pobra do Brollón celebra este xoves 30 de xaneiro o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Para conmemoralo, o Concello colabora organizando unha actividade de contacontos coa temática da convivencia e da paz. A actividade comezará a partir das 11:45 no colexio e durará unha hora. Está dirixida aos nenos […]

Comezan os talleres de memoria e de uso do móbil

O Concello da Pobra do Brollón ten en marcha dous talleres gratuítos, un para traballar a memoria e outro para aprender a usar o teléfono móbil. O primeiro está orientado a persoas maiores e persoas con algunha limitación cognitiva e o segundo, a público adulto en xeral.  Aínda quedan prazas libres para anotarse. Ambos talleres […]

Un novo programa gratuíto facilita a conciliación laboral e familiar

O Concello da Pobra do Brollón pon en marcha un programa para axudar a salvar as incompatibilidades que se presentan en moitas ocasións no desenvolvemento da vida familiar e laboral. O programa é totalmente gratuíto e está aberto a tódolos nenos e nenas que asistan ao CEIP A Pobra do Brollón. O programa, totalmente gratuíto, […]

A unidade móbil de doazón de sangue chega á Pobra este xoves 9

O xoves 9 de xaneiro chega á Pobra do Brollón a unidade móbil para doar sangue de ADOS, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Sergas. Estará aparcado diante do cuartel da garda civil entre as 16:00 e as 18:30.  Se vas doar, lembra levar o teu DNI. Agarda 2 horas despois do […]

O 2019 guímaro en imaxes

Coa chegada dun novo ano, presta botar a vista atrás e facer repaso dos 365 días que veñen de pasar.  O 2019 na Pobra do Brollón destacou por moitos e variados motivos. Nestas imaxes seleccionamos algúns deles.  Presenciamos e apoiamos o nacemento de Adegas da Memoria, un proxecto pioneiro de etnoarqueoloxía en Vilachá de Salvadur. […]

Aberto o prazo para adherirse ao programa ‘Prende! Bota raíces no rural’

A Área de Promoción Económica e Emprego da Deputación de Lugo presenta o programa ‘Prende! Bota raíces no rural’, destinado a mellorar a empregabilidade no de persoas menores de 30 anos en municipios no rural, entre eles, A Pobra do Brollón. Concretamente, a través da medida 8.2.3.1, ‘Xérate o teu emprego no rural’, finánciase os […]

A Pobra do Brollón recibe a visita do Apalpador

O día 24 baixou o Apalpador ao noso concello, acompañado dunha agrupación de músicos locais. Empezou o seu percorrido no Centro de Día, onde foi recibido con entusiasmo e incluso botou algún baile. Despois, el e o seu séquito de músicos foron cara o centro da Pobra, onde apalpou e repartiu caramelos a quen cruzase  polo […]