982 430 001

Citizen attention

Comeza a fase 3 con mobilidade entre provincias

A partir de hoxe, Galicia entra na fase 3 da desescalada. Un dos principais cambios é a mobilidade entre provincias, polo que as persoas residentes en Galicia poderán circular libremente por toda a Comunidade Autónoma. Outros cambios da fase 3 afectan sobre todo a comercios, locais de hostalaría e espazos e eventos culturais. Aquí resumimos algúns […]

Remataron as obras para o acondicionamento e humanización da Rúa da Peza

Esta semana remataron as obras na céntrica Rúa da Peza da Pobra do Brollón. Trátase dunha zona moi transitada por albergar o Centro de Saúde así como pola proximidade á Casa do Concello. Ademais de renovar as beirarrúas e a zona asfaltada, creáronse máis espazos peonís e de esparexemento, incluída unha pequena praza con bancos […]

O punto limpo móbil retoma o seu percorrido polas parroquias

A partir do próximo luns o punto limpo móbil volve percorrer as parroquias da Pobra do Brollón, tras a suspensión do servicio por mor da crise do coronavirus.  O percorrido retómase en Pinel, onde estará aparcado xunto á igrexa dende o luns 1 de xuño ata o mércores 3. Despois estará en Abrence de xoves […]

Entramos na fase 2 da desescalada

Dende hoxe luns, Galicia entra na fase 2 da transición cara á ‘nova normalidade’. Aplícase durante ao menos dúas semanas unha serie de cambios con respecto á fase 1, e que resumimos a continuación: Permítense reunións sociais de ata 15 persoas. Isto aplícase tamén a deportes e paseos, sempre respectando as distancias e medidas de seguridade. […]

Publicado o decreto de Medio Rural que regula os aproveitamentos forestais

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este mércores o decreto polo que se regulan os aproveitamentos forestais madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes de xestión privada de Galicia.  O decreto, que entra en vigor o 9 de xuño, pretende axilizar e simplificar os trámites e prazos para o aproveitamento forestal.  No xornal […]

Recursos para mulleres en situación de trata ou de explotación sexual ou nunha situación de vulnerabilidade social en contextos de prostitución

As mulleres vítimas de trata e explotación sexual son persoas utilizadas como mercancía e sometidas ao control doutras persoas, polo que sofren unha grave vulneración dos seus dereitos. Tamén outras mulleres en contextos de prostitución na circunstancia actual do estado de alarma están a ser ameazadas debido á falta de acceso a servizos básicos. O Ministerio […]

‘Valdeiro eu fiquei’

No Día de Carvalho Calero Por Xurxo Ayán Aquela noite de setembro de 1936, o kilómetro 52 da estrada vella de A Pobra do Brollón a Quiroga converteuse no monte Gólgota, que en arameo significa “lugar da execución”. Aí atoparon estrados os cadáveres de Odilo o carpinteiro, dun descoñecido e de don Juan, mestre nacional […]

Como nos afecta a entrada á fase 1 da desescalada

A partir de hoxe luns 11, o Goberno central flexibiliza as medidas para a contención do coronavirus. Galicia entra así na fase 1 do “plan de transición cara a unha nova normalidade”, que durará ao menos 14 días.  Non poderán facer uso das medidas as persoas contaxiadas por COVID-19, que presenten síntomas ou que estean en illamento por ter […]

O Concello prepárase para entrar na fase 1 do desconfinamento

Neste vídeo publicado hoxe nas nosas redes sociais, o alcalde Xosé Lois Maceda anuncia algunhas das medidas que está a tomar o goberno municipal para preparar a entrada na fase 1 do desconfinamento, que comezará previsiblemente a partir do próximo luns 11.