982 430 001

Citizen attention

Entrevistamos a Pilar Macía, autora de ‘Lobo’

Entrevistamos a Pilar Macía, autora de Lobo, novela policial ambientada na Pobra do Brollón e que saíu á luz en decembro de 2020. Macía doou recentemente un exemplar á Biblioteca municipal, onde está dispoñible para quen queira acompañar ao sarxento Sierra na súa determinación por resolver un caso que xa se saldou coa morte de dous […]

A Pobra do Brollón súmase á campaña #CaldodeGloria para celebrar o Día de Rosalía

Dende o Concello da Pobra do Brollón, sumámonos á campaña da Fundación Rosalía de Castro para conmemorar hoxe 24 de febreiro o 184 aniversario da escritora.  Para celebrar o nacemento de Rosalía de Castro, participamos na iniciativa #CaldodeGloria, coa que a Fundación anima á xente a preparar un caldo, inspirado polo poema Miña casiña, meu […]

Presentamos unha programación de Nadal con propostas culturais para tódalas idades

O Concello da Pobra do Brollón presentou unha programación de Nadal repleta de espectáculos para tódalas idades. “Ofrecemos unha completa axenda cultural con actividades pensadas para toda a veciñanza, maiores e pequenos” comenta Ricardo Rodicio, concelleiro de Cultura.  “Por suposto cumpriremos con tódalas medidas necesarias pola situación epidemiolóxica. Insistimos en que é posible seguir apoiando […]

Cinema galego de estrea para pechar o ano

Dende a área de Cultura do Concello da Pobra do Brollón propoñemos pechar o ano cun ciclo de tres filmes galegos estreados no presente 2020. Así, consolídase a aposta cultural dos últimos anos. “Para nós é moi importante continuar coa oferta cultural neste ano de pandemia. Pretendemos dar alternativas de lecer e cultura aos noso veciños […]

Volven os certames de poesía e de postais de Nadal

Volven convocarse os xa tradicionais certames de poesía e de postais de Nadal, unha iniciativa da Biblioteca municipal e da Oficina de Información Xuvenil da Pobra do Brollón para espertar a creatividade dos máis novos e novas.  O prazo para participar remata o 30 de decembro para ambos certames. A continuación ofrecemos máis información sobre […]

Comeza o novo curso da Escola de Música Samoeiro

O novo curso da Escola de Música Samoeiro da Pobra do Brollón xa está en marcha. Comeza así o duodécimo curso consecutivo da escola municipal.  Realizáronse máis de 80 matrículas repartidas nas materias de baile tradicional, pandeireta e canto, percusión tradicional, acordeón, gaita, frauta, piano e linguaxe musical. “Para nós, inaugurar un novo curso nestas circunstancias complicadas […]

Classes at the Samoeiro Music School start this Thursday, the 5th

O novo curso 2020-2021 da Escola municipal de Música arranca o xoves 5 de novembro.  Publicamos abaixo os horarios das materias. Para calquera dúbida poden chamar á Biblioteca municipal no teléfono 982 430 546. As clases serán na Casa da Cultura Olga Novo, excepto as de Baile Tradicional que serán no Pavillón Polideportivo municipal. 

The new course at the Samoeiro Music School begins the first week of November

O novo curso da Escola municipal de Música da Pobra do Brollón comezará a primeira semana de novembro. O sábado 31 de outubro haberá reunión para asignar os horarios de adultos das clases de baile e percusión. A reunión de percusión será ás 11:30 e de baile ás 12:30, ambas na Casa da Cultura ‘Olga […]

A partir do luns 21 amplíase o horario para matricularse na Escola de Música Samoeiro

A partir do luns 21 de setembro, amplíase o horario de matrícula na Escola de Música Municipal ‘Samoeiro’ para o curso 2020-2021. Ademais do horario de mañá de 11:00 a 13:30, haberá un horario de tarde, de 16:00 a 18:30. O prazo remata o día 28 de setembro, inclusive. Ofrécense as seguintes materias:  baile tradicional percusión tradicional gaita […]