O prazo de matrícula nas actividades de ximnasia e pilates para o curso 2024-25 estará aberto do 26 ao 30 de agosto.
Prevese comezar as actividades o día 3 de setembro. Desenvolveranse no pavillón municipal, excepto as actividades por parroquias.
Para que poidan realizarse, precísase un mínimo de 15 persoas por grupo para as actividades na Pobra e 10 persoas por grupo para as actividades por parroquias.
O prezo para pilates (un día á semana) é de 15€ ao mes e de ximnasia (dous días á semana) é de 20€ ao mes.
A matrícula debe realizarse do 26 ao 30 de agosto na Biblioteca municipal en horario de 10:30 a 13:00 ou nas oficinas de Servizos Sociais (de 9:00 a 13:00). Terán prioridade as persoas empadroadas.
Os horarios das actividades na Pobra do Brollón son:
As parroquias interesadas en formar grupo deben contactar con Servizos Sociais.